Powered By Blogger

mércores, 10 de abril de 2013

O NAZISMO

Entre os anos 30 e 1945, Europa viviu unha tolemia sanguinaria da man do NAZISMO, sistema totalitario que se implantou nunha Alemaña resentida e con afán de revanchismo tras o ominoso Tratado de Versalles que puxera fin á I Guerra Mundial. O seu protagonista foi Adolf Hitler, quen, a través dos seus encendidos discursos xenófobos e racistas, as teorías do panxermanismo e o espazo vital e mais unha continuada táctica de eliminación dos opositores, acabaría por conquistar o poder de Alemania, convertíndose no FÜHRER, o líder supremo que tentaría crear o Terceiro Reich dos Mil Anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario