Powered By Blogger

luns, 29 de maio de 2017

TAREFA Nº 1 DA TERCEIRA AVALIACIÓN - AS GUERRAS DE IUGOSLAVIA

·      


A CONTINUACIÓN, BASEÁNDOTE NA INFORMACIÓN PRESENTE NAS LIGAZÓNS ANTERIORES, DEBERÁS RESPOSTAR ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

1.       Logo de que conflito bélico de carácter mundial nace o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos baixo a monarquía de Pedro I Karadjordjevic?
2.       Durante a ocupación alemá dos Balcáns na II GM, producíronse matanzas en Iugoslavia xa que uns apoiaban aos nazis, outros eran comunistas  e republicanos; e uns terceiros apoiaban ao rei serbio. Ordena os líderes, a súa etnia, facción e orientación política:
Ante Pavelic – Josip Broz “Tito” - Draza Mihailovic
Chetniks – ustachi – partisanos
Serbio – serbio – croata
Pro-nazi – monárquico – comunista
3.       Indica cales eran as 8 entidades territoriais (6 repúblicas e 2 rexións autónomas) que constituían a República Socialista Federativa de Iugoslavia durante o mandato de Tito, así como as súas capitais.

4.       Se os serbios eran de relixión maioritariamente ortodoxa, que relixión practicaban eslovenos e croatas? E a metade dos bosniacos e a maioría dos kosovares?
5.       Como era a presidencia da Federación nos anos inmediatamente posteriores á morte de Tito?
6.       Coa caída do Muro de Berlín, e xa sen Tito, que partidos cobran forza nos distintos procesos electorais que se producen en 1990 nas repúblicas da federación?
7.       Cal era a república con menos diversidade étnica?
8.       Pola contra, cal era a república onde había maior diversidade étnica e as etnias estaban máis misturadas?
9.       Cal foi a primeira república que declarou unilateralmente a súa independencia?
10.   Se asociamos a Slobodan Milosevic co nacionalismo serbio e o desexo de crear unha “Gran Serbia”, quen sería o seu equivalente no nacionalismo croata?
11.   Que temían os serbios da Krajina e a Eslavonia croatas de producirse a independencia de Croacia?
12.   Quen apoiou aos serbios de Croacia e Bosnia?
13.   Que entendemos por limpeza étnica? Pon algún exemplo relacionado coas guerras de Iugoslavia.
14.   Que cidade sufriu o maior asedio no que se martirizou constantemente á poboación civil, que era masacrada por francotiradores?
15.   Que outra cidade moi turística da costa dálmata, considerada patrimonio da Humanidade foi atacada polo exército federal en 1992?
16.   Que sucedeu en Srebrenica en 1995? Quen debía protexer á poboación bosniaco-musulmana de Srebrenica, dado que a ONU a considerou “zona segura”?
17.   Para que serviron os Acordos de Dayton?
18.   Onde rexurdiu a guerra en 1998?
19.   Por que a OTAN – a pesar de non contar coa aprobación da ONU- interviu en 1999 con bombardeos e lanzamentos de misís sobre Serbia?
20.   Cal foi o fin de Slobodan Milosevic?
21.   Que outros líderes serbios e croatas foron xulgados ou están en busca e captura por parte do Tribunal Penal Internacional, como consecuencia de crimes perpetrados contra a Humanidade?

22.   En que cidade bosniaca se centrou a misión española da ONU na antiga Iugoslavia? Que contribuiu o exército español a reconstruír?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario