TRABALLO SOBRE O CRACK DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN – MODELO DE
COMPOSICIÓN
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE HDMC- B.5.4.1 – B.5.4.2
ORIENTACIÓNS:
Os seguintes documentos
permiten elaborar unha composición (redación) sobre o paso da prosperidade de
Estados Unidos na década de 1920 ao crack bursátil de 1929 e a Gran Depresión
consecuente. Apoiándote neles, deberás explicar: 1º cal era a debilidade na que se sustentaba a aparente prosperidade
económica do país: superprodución industrial e agrícola fronte a un baixo poder
adquisitivo; 2º en que consistía a febre bolsista e cómo estourou a burbulla
especuladora de Wall Street. En 3º lugar describirás as características da Gran
Depresión en solo norteamericano, a súa duración e 4º, as medidas económicas
que tomou o presidente eleito Franklin Delano Roosevelt a partir de 1932, co
apoio do economista J.M. Keynes, para superar a crise, concretizadas no New Deal.
A continuación
se nos presentan unha serie de documentos, numerados do 1 ao 6, que nos van
permitir abordar as dimensións do crack bursátil de 1929, que poñía fin a un
ciclo de enorme prosperidade económica para os EE.UU; e as consecuencias que
este tivo na economía norteamericana: regresión, desemprego, pobreza… coñecidas
baixo o nome de Gran Depresión. Tamén veremos as medidas que adoptou o goberno
do presidente demócrata Franklin D. Roosevelt a partir de 1933 para paliar a
situación, medidas baseadas nun intervencionismo da economía, co fin de
reactivala, e que contrastan cos principios do liberalismo económico imperantes
ata aquela data.
Baixo a
aparente sensación de prosperidade xeralizada que se percibía na segunda metade
dos anos 20, o certo é que, según se desprende do doc. 1, a economía norteamericana daba mostras de entrar nunha fase
de sobreprodución industrial e agrícola que non atopaba saída nos mercados
internacionais. Se ben parece que o sector empresarial realizou certos
reaxustes para acomodar a produción ás necesidades dos mercados (”una disminución de la producción como
ocurría en la industria”), non foi este o caso do sector
agrícola do país, xa que moitos campesiños, animados pola forte demanda
exterior durante a Gran Guerra, endebedáranse para a adquisición de maquinaria
agrícola, fertilizantes, etc, atopándose agora nun contexto de forte caída da
demanda de alimentos sen poder dar saída á súa produción, o que conlevaba a ruína
económica e a execución de hipotecas (“…la
situación de los campesinos se había convertido en crítica; en el período
1927-1928, por ejemplo, un 45% de las transferencias de la propiedad
inmobiliaria fueron debidas a las quiebras, las ejecuciones fiscales u otras
causas del mismo tipo”). Medidas como a de “un incremento del cultivo, esperando compensar la pérdida sobre el
precio unitario” non fixeron senón
agravar máis a súa condición.
A situación da industria, malia os reaxustes que levou a cabo, tamén era delicada; reducido o comercio exterior, nin o campesiñado empobrecido nin a clase traballadora, debido aos seus baixos salarios, tiñan a capacidade de compra necesaria para soster o mercado interno norteamericano. Existía unha clara dicotomía entre a percepción que o cidadán medio tiña das empresas e a situación real da meirande parte delas, que, sen dar saída á súa produción, íanse sostendo grazas aos empréstimos bancarios. Esa dicotomía materializouse nunha crecente burbulla especulativa, onde o valor nominal das accións de ditas empresas comezou a situarse por enriba do seu valor real. Desta situación tiña unha gran responsabilidade a Banca, ao conceder créditos a curto prazo aos axentes de Bolsa dunha maneira un tanto laxa, no afán de obter pingües beneficios. O obxectivo para as entidades financeiras, -propietarias igualmente de paquetes de accións- e os brokers era mercar accións no mercado de valores, esperar a máis que segura subida da súa cotización en breve prazo (xa que existía moita máis demanda que oferta) e vender rapidamente para obter ganancias coas que seguir investindo en novos valores. Desa tolemia especulativa, como reflicte o actor e cómico Groucho Marx, no doc. 2, participaba todo o mundo, - crese que en torno a millón e medio de cidadáns- incluídas as clases máis humildes, que investían os aforros de toda unha vida ou hipotecaban os seus inmobles para obter os créditos cos que xogar ao casino do mercado bursátil perante a aparente ausencia de riscos (“Lo más sorprendente del mercado en 1929 era que nadie vendía una sola acción. La gente compraba sin cesar (...). El fontanero, el carnicero, el hombre del hielo, todos anhelando hacerse ricos arrojaban sus mezquinos salarios –y en muchos casos los ahorros de toda la vida– en Wall Street”....)
Certo día, o 21 de Outubro de 1929, comezaron a producirse as primeiras ordes de venda, pois algúns axentes de bolsa coidaban que a burbulla podía estourar. Isto desatou a desconfianza, primeiro tímida e máis tarde xeneralizada, que desembocou no pánico que nos describe o doc. 3 en relación ao que acontece o día 24 dese mes, o xoves negro e o martes seguinte. O intento de recuperar o investido renunciando ás ganancias ou, como mal menor, perder o menos posible, acelerou a posta á venda neses días de case 30 millóns de accións que foron descendendo de valor ata que xa ninguén as quería. Os cartos – preto de 13.000 millóns de $- volatilizáronse: “en seguida afluyeron grandes cantidades de papel y se hundieron los precios. Los angustiados especuladores arrojaron sus títulos sobre las mesas de contratación (…)Los agentes de bolsa exigieron garantías para los títulos a crédito y ante la imposibilidad de obtenerlos, volcaron nuevas remesas de papel sobre la bolsa, ocasionando nuevas bajadas. Y así ola tras ola, levantando una tempestad más fuerte e incontrolable. (…) Churchill se admira del “orden y la calma sorprendentes” que, dada la gravísima situación, mantenían los especuladores que estaban allí (...) ofreciéndose unos a otros paquetes enormes de acciones a un tercio de sus antiguos precios y a la mitad e su valor actual y sin encontrar durante muchos minutos a nadie lo bastante fuerte como para recoger las fortunas que se veían obligados a ofrecer" (...)
Os
especuladores, arruinados ao non poder devolverlle aos bancos os créditos nin os xuros que lles prestaran, provocaron unha reacción en cadea de dificultades
financeiras nas oficinas bancarias. A
xente que tiña nelas os seus depósitos tamén se asustou e quixo retirar o seu
diñeiro. Os bancos non puideron facer fronte a tal demanda de reintegros, o
que aumentou as peticións de devolución de xeito progresivo. Ao non poder facer
fronte á situación, crebaron máis de cinco mil bancos, a meirande deles de
carácter familiar ou local. Milleiros de empresas e particulares entraron nunha
espiral de endebedamento; a falta de liquidez dos bancos sobrevivintes ou as
reticencias destes para outorgar créditos, aceleraron o peche de empresas e os
despedimentos masivos. A existencia de 14,7 millóns de parados sen cobertura de
desemprego acabou por paralizar o consumo interno.
A situación posterior, que podemos xa denominar como Gran Depresión, é descrita no doc. 4 polo escritor Arthur Miller cando este lembra que, chegado 1932, “nadie tenía dinero” en “ciudades fantasma con cada vez más rótulos de SE TRASPASA en sucios escaparates de tiendas y talleres abiertos muchos años antes y en la actualidad cerrados. Fue también el año de las colas en las panaderias, de hombres sanos y robustos que formaban en batallones de seis y ocho en fondo a lo largo del muro de algún almacén, en espera de que este o aquel organismo municipal improvisado, o el Ejército de Salvación o cualquier iglesia, les diese un tazón de caldo o un panecillo.”
No propio
documento Miller fala da incapacidade manifesta dos gobernos republicanos para
facer fronte á situación: “El que sería
el último gobierno republicano en el curso de dos décadas estaba a punto de
recibir el finiquito, sin ideas, y para nosotros como si dijéramos en el cubo
de la basura, falto incluso de la retórica de la esperanza”
E
aí chega a oportunidade para o partido demócrata, cando Franklin D. Roosevelt,
cun programa económico baseado nos principios de John M. Keynes sobre o
intervencionismo do Estado na economía, accede á presidencia dos EE.UU. en
1933. No seu discurso de toma de posesión
(doc. 5) anticipa o que será o seu “New Deal” (Novo Compromiso)
co pobo estadounidense: “Nuestra más ardua tarea, la primera,
es hacer que el pueblo vuelva al trabajo. Puede realizarse, en parte,
mediante la contratación directa por parte del gobierno, actuando como en
un caso de guerra pero, al mismo tiempo llevando a cabo los trabajos más
necesarios, a partir de estas personas contratadas, para estimular y
reorganizar la utilización de nuestros recursos naturales. Paralelamente a
esta acción debemos reconocer con toda franqueza que nuestros centros
industriales están superpoblados y (...) esforzarnos para que se haga un
mejor uso de la tierra por aquellos que son los más aptos para ello.
Es
posible trabajar en esta tarea realizando los esfuerzos necesarios para
elevar el precio de los productos agrícolas y, con ellos, el poder de compra,
que absorberá la producción de nuestras ciudades”
O New Deal,
representado de maneira gráfica a través de distintos carteis gubernamentais do
doc. 6 foi un conxunto de medidas económicas combinadas destinadas a reactivar
o consumo e o investimento privado coa finalidade de xerar emprego. En contra
dos principios do liberalismo económico, o Goberno Federal interviu na economía
creando emprego público nas grandes obras de enxeñería, parques nacionais, rede
viaria... a través da WPA (Works Progress Administration), que a
priori supuñan gasto social e déficit público, pero que incidiría na capacidade
de compra dos novos empregados, voltando ese diñeiro, a través dos impostos ao consumo, ás arcas do Estado nun efecto multiplicador. No doc. 6 figuran institucións ligadas a ese New
Deal como:
O National Recovery Administration (NRA), que impulsou os acordos de prezos entre empresas; ou
A Acta de Axuste Agrario (AAA), que subvencionou aos agricultores para que reducisen a produción e así recuperar os prezos dos seus produtos, vendo así medrar a súa renda e a capacidade de consumo.
O National Recovery Administration (NRA), que impulsou os acordos de prezos entre empresas; ou
A Acta de Axuste Agrario (AAA), que subvencionou aos agricultores para que reducisen a produción e así recuperar os prezos dos seus produtos, vendo así medrar a súa renda e a capacidade de consumo.
As medidas de Roosevelt foron moi contestadas por certos sectores vinculados ao partido republicano e medios de comunicación afíns a este, como se aprecia nas caricaturas do doc. 6 nas que se critica o exceso de poder e de prerrogativas presidenciais que Roosevelt demandaba do Congreso norteamericano.
A modo de
conclusión, pódese dicir que os efectos reais do New Deal foron discutibles. É
certo que contribuiu a estabilizar a economía, pero non produciu demasiado
crecemento. En 1939 (Roosevelt foi reelexido en dúas ocasións) a renda
norteamericana non recuperara os niveis de 1929 e había 9,5 millóns de parados.
Sería por desgraza outra guerra, a Segunda Guerra Mundial, a que dinamizaría a
economía dos EE.UU ao convertirse, unha vez máis, en proveedor dos seus aliados
europeos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario