TAREFA Nº1 DO PRIMEIRO TRIMESTRE: A UNIÓN EUROPEA
Esta tarefa trimestral, na que ides traballar, POR PARELLAS, 4 estándares de aprendizaxe, ten unha valoración de 16 puntos. Deberedes presentala a ordenador e EN GALEGO. Valorarase a limpeza, orden, data de entrega (data tope o martes 29 de Novembro de 2016).
PRIMEIRA PARTE DA
TAREFA:
Estándares que ides traballar:
HdMCB9.3.1. Elaborar eixes cronolóxicos sobre o proceso de construción da Unión Europea.
HdMCB9.4.1.
Relacionar razoadamente as institucións da Unión Europea cos obxectivos que
esta persegue.
A información que precisades está na seguinte ligazón:
- Facede un eixo cronolóxico da construción desta organización supranacional desde a Creación do BENELUX ata o referéndum británico en torno ao BREXIT
Estes son os
acontecementos, desordeados, dos que tes que buscar as datas e situar no eixe
cronolóxico (pódelo facer en horizontal ou vertical) :
Tratado
constitutivo da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA) – Creación do BENELUX - Acta Única Europea - Tratado de Lisboa - Tratado de Amsterdam – Reino Unido aproba en referéndum o “BREXIT”
(saída da UE) - Tratado de Niza - Premio
Nobel da Paz para a UE - Tratado de
Roma (Constitutivo da CEE e EURATOM) - Tratado da Unión Europea ou de Maastricht – Emisión de euros como moeda común
para 12 países – Sinatura do Convenio
de Schengen – Entra en vigor a PAC
(Política Agraria Común)
- Indicade cales foron os países membros fundacionais e as posteriores adhesións nos anos:
- 1957:
- 1973:
- 1981:
- 1986:
- 1995:
- 2004:
- 2007:
- 2013:
- Explicade cales son as condicións de entrada que impón a UE para calquera país que se presente como candidato a adherirse:
- Indica cales son os obxectivos e funcións de cada unha das seguintes institucións da UE,a través dunha táboa semellante a esta:
INSTITUCIÓN
|
SEDE
|
FORMADO POR
|
DURACIÓN DO MANDATO
|
FUNCIÓNS
|
Parlamento Europeo
|
||||
Consello Europeo
|
||||
Consello da Unión
Europea (antigo Consello de Ministros)
|
||||
Comisión Europea
|
||||
Tribunal de xustiza
|
||||
Tribunal de Contas
|
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
SEGUNDA PARTE DA TAREFA:
Estándares que ides traballar:
HdMCB10.3.1.
Identificar os retos actuais da Unión Europea a partir de novas xornalísticas
seleccionadas.
HdMCB10.3.2. Explica comparativamente os desaxustes da Unión Europea na relación con outros países ou
áreas xeopolíticas.
- Explicade cales son os retos aos que se ve enfrentada a Unión Europea actualmente refundindo a información que aparece nas seguintes ligazóns e utiliza as imaxes inferiores para ilustrar cada unha das explicacións:
http://www.eltiempo.com/mundo/europa/union-europea-y-sus-problemas/16502858
http://www.ellitoral.com/index.php/diarios/2016/09/13/internacionales/INTE-02.html
http://www.lainformacion.com/brexit/euroescepticos-paises-Union-Europea_0_929007476.html
- Logo de ler con atención este artigo de prensa, explica cales son as eivas que está a experimentar a UE nas relacións internacionais con outros países e rexións do mundo, e que non se corresponden co peso económico europeo:
- http://elpais.com/elpais/2015/11/05/opinion/1446750322_506274.html
- http://www.politicaexterior.com/articulos/politica-exterior/carta-de-europa-la-seguridad-se-impone-a-una-estrategia-global/
- https://www.bbva.com/es/noticias/politica/los-limites-no-resueltos-europa-los-nuevos-poderes-mundiales/
Ningún comentario:
Publicar un comentario