Powered By Blogger
Amosando publicacións coa etiqueta ANTIGA GRECIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANTIGA GRECIA. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de novembro de 2013

A GUERRA DE TROIA EN VERSIÓN TECHNO-POP DOS ANOS 80

Xa aprendiches na clase que ao rapsoda dos gregos, HOMERO, se lle atribúen dúas obras que nos permiten coñecer algo máis sobre a Grecia Arcaica: A ILIADA e A ODISEA. A primeira delas narra a guerra entablada entre gregos e a cidade de Troia, situada á entrada do Bósforo, en Asia Menor, debido ao "rapto" da princesa HELENA por parte do troiano PARIS. 

LISÍSTRATA OU A FOLGA DE SEXO


Como vimos en clase, os gregos foron en boa medida os inventores do TEATRO. Un dos seus representantes é Aristófanes, cuxas obras son interesantes para aprendermos algo sobre a vida cotiá dos atenienses. Nesta ocasión a súa obra Lisístrata fálanos dunha folga de sexo que promoveron as mulleres en certa ocasión fartas das guerras:

Lisístrata: Lampito, todas las mujeres toquen esta copa, y repitan después de mí: no tendré ninguna relación con mi esposo o mi amante.
Cleónica: No tendré ninguna relación con mi esposo o mi amante. Lisístrata: Aunque venga a mí en condiciones lamentables.
Cleónica: Aunque venga a mí en condiciones lamentables. (¡Oh Lisístrata, esto me está matando!)
Lisístrata: Permaneceré intocable en mi casa.
Cleónica: Permaneceré intocable en mi casa.
Lisístrata: Con mi más sutil seda azafranada.
Cleónica: Con mi más sutil seda azafranada.
Lisístrata: Y haré que me desee.
Cleónica: Y haré que me desee.
Lisístrata: No me entregaré.
Cleónica: No me entregaré.
Lisístrata: Y si él me obliga.
Cleónica: Y si él me obliga.
Lisístrata: Seré tan fría como el hielo y no le moveré.
Cleónica: Seré tan fría como el hielo y no le moveré. (...)
Lisístrata: ¿Todas han jurado?
Mirrina: Todas.
Extracto do artigo da wikipedia sobre Lisístrata, a comedia de Aristófanes:
Lisístrata (cuyo nombre significa “la que disuelve los ejércitos”), es la mujer de un soldado ateniense, que cansada de las continuas guerras entre Atenas, Esparta y otras polis griegas, reúne a las mujeres de ambos bandos y les propone iniciar una huelga de tipo sexual. La idea no gusta en principio, pero ella logra convencer a todas las mujeres de Grecia de que no tengan relación sexual con sus esposos hasta que estos firmen la paz. Al final de la obra, los hombres, faltos de sexo, deciden dejar de luchar, firman la paz y ponen fin a la huelga de piernas cruzadas de sus mujeres.

QUE DEMO BUSCABAN OS PERSAS EN GRECIA?




Primeiras horas tras a batalla de PLATEA, unha das máis coñecidas, xunto con Maratón, As Termópilas ou Salamina nas GUERRAS MÉDICAS. Os gregos tómanse un respiro, e contemplan vitoriosos o campo de batalla. A derrota do xeneral persa Mardonio, lugartenente do rei Xerxes, e das súas tropas foi total.

Pausanias, o xeneral espartano ao mando do exército grego, visita o campamento persa, onde se divirte contemplando as súas moitas riquezas. Entre elas destaca o enxoval de Xerxes, a súa vaixela, pratos e luxosas copas, que este deixara a Mardonio, suponse que para celebrar dunha forma axeitada unha hipotética vitoria en Grecia.

A reacción de Pausanias ante tanta riqueza é moi característica da forma de pensar dos espartanos e o seu sentido da AUSTERIDADE:

LXXXII. Entón corre a fama de que pasou un caso notable: dícese que ao fuxir Xerxes da Grecia, deixara a súa propia recámara para o servizo de Mardonio. Vendo Pausanias aquel magnífico aparello, aquela tan rica repostería de vaixela de ouro e prata, aquel pavillón adornado con tantos tapices e colgaduras de diferentes cores, deu orde aos panadeiros, reposteiros e cociñeiros persas de prepararlle unha cea ao modo que adoitaban preparala para Mardonio. Tendo eles feito o que se lles mandaba, din que pasmado entón Pausanias de ver alí aqueles leitos de ouro e prata de tal sorte cubertos, aquelas mesas de ouro e prata así mesmo, aquela vaixela e aparello da cea tan espléndido e brillante, mandou aos seus criados que lle dispuxesen unha cea á espartana, para facer mofa e escarnio da prodigalidade persa. E como a diferenza de cea a cea fose infinita, Pausanias coa risa nos beizos ía mostrando aos xenerais gregos chamados ao espectáculo unha e outra mesa, falándolles así ao mesmo tempo: «Chamarvos quixen, ilustres gregos, para que vísedes polos vosos ollos a tolemia dese xeneral dos medos, que feito a vivir con esa profusión e luxo, quixo vir desposuír aos Espartanos, que tan parca e miserablemente tratámonos.» Así se di que falou Pausanias aos xefes gregos.
Heródoto. Historia. Libro IX. 

... noutras palabras, vendo o luxo dos manxares persas, e a austeridade das viandas espartanas, Pausanias non podía máis que preguntarse: ¡Pero que demo andaban estes persas buscando en Grecia!!!