Powered By Blogger
Amosando publicacións coa etiqueta SÉCULO XX. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SÉCULO XX. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de abril de 2019

PARA ENTENDERMOS O XURDIMENTO DO FASCISMO EN ITALIA

“Nosotros, los jóvenes (de entonces) no nos habíamos adherido al fascismo. Nacidos dentro de él, esto nos había eximido de la elección. En todas nuestras casas había ancianos que añoraban y exaltaban la Italia liberal de los «notables», su rigor administrativo, sus correctas finanzas (…) Pero eran viejos, viejo era su lenguaje (...). Para nosotros, la liberaldemocracia era la impotencia, el desorden, las divisiones sectarias y, por último, la deserción y la rendición. Tal vez este rápido juicio de condena no era del todo desinteresado. Nos permitía abandonamos con la conciencia tranquila al fascismo, que, en el fondo, era la solución más cómoda.
El fascismo era, por el momento, el gregarismo querido a todos los jóvenes, el uniforme militar, las reuniones y asambleas, el coro, el deporte, las excursiones al mar y a la montaña; y para el mañana inmediato, una carrera segura ampliamente favorecida. El entusiasmo es fácil si, además, procura beneficios.”
Indro Montanelli y M. Cervi. La Italia victoria.






https://www.youtube.com/watch?time_continue=77&v=R6K8WtiQYUg

https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=v2p3ejGQAJw

https://www.youtube.com/watch?time_continue=7&v=fJglQOcjnTU


luns, 12 de marzo de 2018

PROBAS SELECTIVIDADE 5 - A RESTAURACIÓN BORBÓNICA

O SISTEMA POLÍTICO DA RESTAURACIÓN
ORIENTACIÓNS: Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición sobre os fundamentos políticos da Restauración borbónica e o funcionamento real do sistema. Na redacción, debes abordar as seguintes cuestións: A concepción do sistema como unha monarquía constitucional; a dinámica da “quenda pacífica” entre dous partidos; a manipulación caciquil e electoral. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1.-O Manifesto de Sandhurst presenta en 1874 o programa político da Restauración:
“Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, natural é que volva os ollos ao seu habitual dereito constitucional e a aquelas libres institucións que nin en 1812 impediron que defendese a súa independencia nin rematar en 1840 outra empeñada guerra civil (...).
Afortunadamente, a Monarquía hereditaria e constitucional posúe nos seus principios a necesaria flexibilidade (...) para que todos os problemas que traia o seu restablecemento consigo sexan resoltos de conformidade cos votos e a conveniencia da nación. Non hai que agardar que decida eu nada en firme e arbitrariamente; sen Cortes non resolveron os negocios arduos os Príncipes españois alá nos antigos tempos da Monarquía, e esta xustísima regra de conduta non hei esquecela eu na miña condición presente, e cando todos os españois están xa afeitos aos procedementos parlamentarios”.
Doc.2.-Constitución de 1876:
“Don Alfonso XII, pola Graza de Deus, rei constitucional de España; a todos os que as presentes viren e entenderen, sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do reino, actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía española (...):
Art.11. A relixión Católica, Apostólica e Romana é a do Estado. A nación obrígase a manter o culto e os seus ministros (...).
Art.18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
Art.19. As Cortes están formadas por dous corpos colexisladores iguais en facultades: o Senado e o Congreso dos Deputados (...).
Art.50. A potestade de facer executar as leis reside no Rei (...)”.

Doc.3.-Gobernos da quenda pacífica, 1875-1902: 

1875-1881 Cánovas, Martínez Campos

1881-1884 Sagasta, Posada Herrera
1884-1885 Cánovas
1885-1890 Sagasta
1890-1892 Cánovas
1892-1895 Sagasta
1895-1897 Cánovas
1897-1899 Sagasta
1899-1901 Silvela, Azcárraga
1901-1902 Sagasta

Doc.4.-Benito Pérez Galdós critica o caciquismo en Política española (antoloxía de artigos), 1884:

“Consecuencia de todo iso é o caciquismo, o entronizamento de certos individuos nas localidades, os cales, como instrumentos do deputado, son donos dos resortes administrativos (...). O cacique dá e quita os miserentos postos de traballo que gozan os máis pobres do lugar; seus son o carteiro, o secretario do Concello, o peón camiñeiro, o expendedor de efectos estancados. O cacique é quen, ao facer o reparto da contribución, carga a man ao adversario, alixeirando ao amigo (...). Verdade é que o tirano da aldea, que tan grandes servizos presta ao deputado, someténdolle a localidade, abruma a este coas súas esixencias (...)”.
Doc.5.-Valentí Almirall, republicano federal, denuncia o fraude electoral (1880):

“Entre nós reina a farsa en toda a súa crueza, unha farsa completa, exclusiva das eleccións españolas. O mesmo se o sufraxio é universal que restrinxido, nunca hai máis que un só elector: o ministro da Gobernación. Este cos seus gobernadores de provincia e o innumerable exército de empregados de todas clases, sen excluír os altos cargos da maxistratura e do profesorado, prepara, executa e consuma as eleccións (...), dende o fondo do seu despacho, situado no centro de Madrid (...). Nada hai que sexa sagrado: listas electorais, urnas, escrutinio, todo é falseado polos nosos políticos baixo a inmediata dirección do gobernador civil de cada provincia”.

MODELO DE PROBA:
AS BASES DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA


Dende 1876 ata 1923, aínda que con moitas dificultades ó final, estivo vixente en España un mesmo sistema político, coñecido como o sistema da Restauración ou sistema canovista (por ser Cánovas del Castillo o seu principal creador) que imos analizar a través deste conxunto de documentos que agora se nos presentan. Tratouse dun sistema conservador, que beneficiaba ós grupos dominantes e que resultaba moi pouco democrático. Pretendíase acabar con algún dos problemas do Estado español típicos da etapa anterior, como o monopolio do poder por parte dos moderados, a intervención dos militares na vida política mediante os pronunciamentos ou os enfrontamentos civís entre os españois. A Restauración, que coincide no tempo cos reinados de Afonso XII e Afonso XIII, foi un longo período da nosa historia contemporánea, un tempo de estabilidade constitucional, de modernización económica e de alonxamento do exército da vida política, pero tamén foi unha época de dominio da burguesía oligárquica, de caciquismo e de fraude electoral.
O principal ideólogo do sistema da Restauración foi Antonio Cánovas del Castillo, un político conservador e pragmático ó mesmo tempo. Aproveitándose da crise da Primeira República, foi tecendo unha ampla rede de apoios á causa borbónica entre grupos de militares, aristócratas e burgueses, temerosos do avance das conquistas democráticas que se produciran durante o Sexenio. Claro defensor da monarquía encarnada nos Borbóns, impulsou os contactos co Príncipe de Asturias e fillo da exilada raíña Isabel II, Afonso, preparando o terreo para a súa chegada a España.

En 1874 redacta, en nome do futuro rei, o Manifesto de Sandhurst (doc.1) – chamado así por ser a academia militar británica onde Afonso, de dezasete anos, estaba rematando a súa formación- . Este manifesto responde aos intereses dos que buscaban unha orde liberal estable, así como poñer fin ao deterioro político, á guerra carlista e á insurreción cubana. Co manifesto, apélase á lexitimidade histórica de dous elementos propios da tradición española: a Monarquía (que representaría a tradición e a autoridade) e as Cortes (representando a liberdade e a vontade do pobo). Estas dúas institucións podían representar á nación estando equilibradas e compartindo a soberanía. A Coroa debía ser a peza clave do sistema, a que garantise a orde social vixente; pero unha vez asegurado o principio monárquico hereditario na familia de Afonso XII e as súas prerrogativas políticas, todo o demais podía ser obxecto de discusión e elaboración nas Cortes.

O 29 de Decembro dese ano, o xeneral Martínez Campos dá un pronunciamento en Sagunto proclamando rei a Afonso XII, sin apenas oposición no país. Unha vez instalado o monarca en España e nomeado xefe de Goberno Cánovas, este convocou eleccións constituíntes para asentar as bases políticas da monarquía, eleccións que foron amplamente gañadas polo partido do goberno. As novas Cortes, seguindo os principios canovistas, aprobaron a Constitución de 1876 (doc. 2) na que se establecía o modelo político que responde a unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora. A Constitución de 1876 foi elaborada co obxectivo de obter un texto breve e flexible, á medida do sistema canovista, e dos dous grandes partidos dinásticos que terán protagonismo na Restauración, o que permitiu que tivese unha longa vixencia (47 anos). Nela aparecen recollidos os puntos fundamentais do novo modelo a impoñer. Inspirada nos principios do liberalismo doutrinario, e sobre todo na Constitución moderada de 1845, trata de combinar elementos típicos do pensamento conservador, como a defensa da familia, da relixión e da propiedade, abríndose a algúns dos elementos democráticos da Revolución de 1868. Os principais trazos da nova Constitución foron:
-O rei gozaba de importantes poderes (compartía a soberanía coas Cortes, nomeaba libremente o goberno e os ministros sen a aprobación das Cortes e que eran responsables ante o Parlamento, sancionaba e promulgaba as leis, posuía iniciativa legal e dereito de veto, puidendo ademais suspender e disolver as Cortes). Ademais, era o comandante supremo das forzas armadas, un auténtico rei-soldado, e dirixía a política internacional. A Coroa era un dos principais pilares do novo réxime.
-En canto ás Cortes,como se ve no Art. 19º, seguen sendo bicamerais (un Congreso de deputados elexidos e un Senado cunha parte de membros escollidos polo propio rei). As Cortes tiñan iniciativa legal compartida co rei e estaban subordinadas á Coroa (Art. 18º).
-Os dereitos e liberdades aparecían amplamente recollidos, pero sen desenvolver, polo que dependeron de leis posteriores para a súa especificación (lei do sufraxio universal, lei de imprenta, lei de asociación…). Isto permitía ben un tratamento restrictivo (cos conservadores), ou ben liberalizador (cos liberais), de acordo coa vontade do Goberno vixente.
-En canto á cuestión relixiosa, o catolicismo declarouse a relixión do Estado (Art. 11º), pero recoñecéndose a tolerancia das demais relixións (liberdade de conciencia e de culto).
-A Constitución de 1876 , finalmente, defendía un modelo de Estado fortementeunitario e centralista (nese mesmo ano, o Goberno de Cánovas aboliu os privilexios forais vascos e ó ano seguinte aprobou unha nova Lei Municipal de tipo centralista .

No Doc. 3, que é unha relación de periodos de goberno e partidos entre 1885 e 1902, temos unha visión doutro dos principais fundamentos políticos da Restauración: o turnismo. Coñecido tamén como alternancia ou quenda pacífica de partidos, tratábase dun principio político introducido por Cánovas. Este baseaba a estabilidade política na existencia de dous grandes partidos monárquicos, un no Goberno e outro na oposición, que se alternarían de forma pacífica no exercicio do poder. Na tarefa de aglutinar ás forzas dinásticas contou co apoio do outro gran líder político do liberalismo español do momento, Sagasta. Era un modelo bipartidista claramente inspirado no británico, que o propio Cánovas admiraba, adoptando incluso os mesmos nomes. Así, apareceron en España o chamado Partido Conservador (dirixido polo propio Cánovas), e que incluía ós antigos moderados e ós unionistas; e pola outra banda o Partido Liberal, liderado por Sagasta, agrupando ós antigos progresistas, demócratas, radicais e republicanos moderados.

Prácticamente, os dous partidos coincidían no esencial (defensa da monarquía, da Constitución, da propiedade privada, do sistema capitalista e da centralización administrativa). Polo tanto, representaban os intereses da alta burguesía e das clases medias acomodadas. Ademais, eran partidos de minorías, contrariamente a outras forzas cunha maior cantidade de afiliados ou de masas, como o socialista.
Ámbolos dous considerábanse como partidos dinásticos, por defender a Monarquía e aceptar o sistema da Restauración, e foron os únicos que formaron Goberno durante 50 anos (partidos de quenda que se alternaban no Goberno do Estado).
En canto á súa actuación política, as diferencias entre os dous partidos eran mínimas, xa que incluso entre eles pactaran non promulgar leis que tivesen que ser abolidas polo goberno de turno.
Conscientes de que para os seus intereses os cambios de goberno non podían depender dunha auténtica participación democrática do pobo, Sagasta e Cánovas argallaron o sistema da quenda pacífica no poder dos respectivos partidos, un particular “bipartidismo” totalmente amañado e sen depender dos resultados electorais. O sistema funcionaba de tal maneira que cando un Goberno tiña dificultades para seguir a súa labor ou sufrira un forte desgaste político por un determinado conflicto, o rei nomeaba como novo xefe de Goberno ó líder da oposición. Para que puidera gobernar cun amplo apoio parlamentario, o rei disolvería as Cortes e convocaría novas eleccións, que necesariamente tiña que gañar o novo Goberno para ter apoio no parlamento, e sempre se conseguía o éxito electoral, o que nos dá idea do funcionamento anómalo e extraordinario do sistema canovista.

No Doc. 4, o escritor Benito Pérez Galdós fai referencia a unha das ferramentas básicas para que funcionase axeitadamente o sistema canovista: o papel do caciquismo. O control caciquil, polo tanto, foi unha das pezas imprescindibles da quenda pacífica de partidos, xa que o dominio por eles exercido permitía “fabricar” resultados electorais á medida do partido que acababa de asumir o poder. O cacique era un personaxe local que tiña unha gran influencia ou poder sobre as autoridades e sobre os veciños dunha comarca, territorio ou poboación, sobre todo no mundo rural, grazas ó seu control dos concellos, do mercado laboral ou das terras, e que empregaba esta influencia en servicio do candidato do goberno central. Dito poder e influencia están claramente recollidos ó longo do artigo de Galdós. Os caciques eran imprescindibles para controlar os resultados electorais. Nalgúns casos, a forza do caciquismo permitía que moitos distritos fosen sempre controlados pola mesma familia ou saíse sempre elixida a mesma persoa (“distritos enfeudados”). Destacar que o caciquismo foi unha das lacras políticas máis vergonzosas do sistema canovista, e un dos elementos máis criticados pola oposición política.
Por outra banda, e como última base ou piar do sistema canovista, temos o emprego da chamada fraude electoral que denuncia o republicano Valentí Almirall no doc. 5: A necesidade que tiñan os gobernos da Restauración de gañar as eleccións xerais e ter maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento permanente e o desenvolvemento dunha ampla rede de relacións e influencias baseada na unión dos notables locais e no rexeitamento e manipulación das masas populares. Nesta fraude electoral tiveron un papel primordial o Ministro da Gobernación, o Gobernador civil e os caciques. O sistema funcionaba de arriba abaixo, seguindo a estrutura da chamada “pirámide da fraude electoral”.

En síntese, o réxime político dominante na Restauración borbónica foi unha Monarquía constitucional doutrinaria favorable ós intereses sociais, políticos e económicos das clases burguesas e aristocráticas, que mantivo fóra do xogo político á maioría do país. Un réxime oligárquico, clerical en moitos aspectos, sen democracia, pseudoparlamentario, cunha clase política formada por camarillas de notables unidos para poder ocupar os cargos públicos dun Estado (invertebrado e débil) no que o caciquismo constituía a verdadeira estrutura político-administrativa do goberno. Un réxime que manifestaba o profundo egoísmo social dos grupos dominantes que pretendían simplemente asegurar o seu monopolio do poder e protexer a súa hexemonía social e económica. Finalmente, e tras unha serie de graves crises (1898, 1909 e 1917), e ante a imposibilidade do propio sistema de democratizarse, a Restauración remataría co golpe de Estado de Primo de Rivera en 1923.

luns, 29 de maio de 2017

TAREFA Nº 1 DA TERCEIRA AVALIACIÓN - AS GUERRAS DE IUGOSLAVIA

·      


A CONTINUACIÓN, BASEÁNDOTE NA INFORMACIÓN PRESENTE NAS LIGAZÓNS ANTERIORES, DEBERÁS RESPOSTAR ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

1.       Logo de que conflito bélico de carácter mundial nace o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos baixo a monarquía de Pedro I Karadjordjevic?
2.       Durante a ocupación alemá dos Balcáns na II GM, producíronse matanzas en Iugoslavia xa que uns apoiaban aos nazis, outros eran comunistas  e republicanos; e uns terceiros apoiaban ao rei serbio. Ordena os líderes, a súa etnia, facción e orientación política:
Ante Pavelic – Josip Broz “Tito” - Draza Mihailovic
Chetniks – ustachi – partisanos
Serbio – serbio – croata
Pro-nazi – monárquico – comunista
3.       Indica cales eran as 8 entidades territoriais (6 repúblicas e 2 rexións autónomas) que constituían a República Socialista Federativa de Iugoslavia durante o mandato de Tito, así como as súas capitais.

4.       Se os serbios eran de relixión maioritariamente ortodoxa, que relixión practicaban eslovenos e croatas? E a metade dos bosniacos e a maioría dos kosovares?
5.       Como era a presidencia da Federación nos anos inmediatamente posteriores á morte de Tito?
6.       Coa caída do Muro de Berlín, e xa sen Tito, que partidos cobran forza nos distintos procesos electorais que se producen en 1990 nas repúblicas da federación?
7.       Cal era a república con menos diversidade étnica?
8.       Pola contra, cal era a república onde había maior diversidade étnica e as etnias estaban máis misturadas?
9.       Cal foi a primeira república que declarou unilateralmente a súa independencia?
10.   Se asociamos a Slobodan Milosevic co nacionalismo serbio e o desexo de crear unha “Gran Serbia”, quen sería o seu equivalente no nacionalismo croata?
11.   Que temían os serbios da Krajina e a Eslavonia croatas de producirse a independencia de Croacia?
12.   Quen apoiou aos serbios de Croacia e Bosnia?
13.   Que entendemos por limpeza étnica? Pon algún exemplo relacionado coas guerras de Iugoslavia.
14.   Que cidade sufriu o maior asedio no que se martirizou constantemente á poboación civil, que era masacrada por francotiradores?
15.   Que outra cidade moi turística da costa dálmata, considerada patrimonio da Humanidade foi atacada polo exército federal en 1992?
16.   Que sucedeu en Srebrenica en 1995? Quen debía protexer á poboación bosniaco-musulmana de Srebrenica, dado que a ONU a considerou “zona segura”?
17.   Para que serviron os Acordos de Dayton?
18.   Onde rexurdiu a guerra en 1998?
19.   Por que a OTAN – a pesar de non contar coa aprobación da ONU- interviu en 1999 con bombardeos e lanzamentos de misís sobre Serbia?
20.   Cal foi o fin de Slobodan Milosevic?
21.   Que outros líderes serbios e croatas foron xulgados ou están en busca e captura por parte do Tribunal Penal Internacional, como consecuencia de crimes perpetrados contra a Humanidade?

22.   En que cidade bosniaca se centrou a misión española da ONU na antiga Iugoslavia? Que contribuiu o exército español a reconstruír?.

xoves, 20 de abril de 2017

MODELO DE COMPOSICIÓN MEDIANTE TEXTOS RELACIONADOS CO CRACK DO 29 E A GRAN DEPRESIÓN

TRABALLO SOBRE O CRACK DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN – MODELO DE COMPOSICIÓN

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE HDMC- B.5.4.1 – B.5.4.2

ORIENTACIÓNS:  Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición (redación) sobre o paso da prosperidade de Estados Unidos na década de 1920 ao crack bursátil de 1929 e a Gran Depresión consecuente. Apoiándote neles, deberás explicar: 1º cal era a debilidade na que se sustentaba a aparente prosperidade económica do país: superprodución industrial e agrícola fronte a un baixo poder adquisitivo; 2º en que consistía a febre bolsista e cómo estourou a burbulla especuladora de Wall Street. En 3º lugar describirás as características da Gran Depresión en solo norteamericano, a súa duración e 4º, as medidas económicas que tomou o presidente eleito Franklin Delano Roosevelt a partir de 1932, co apoio do economista J.M. Keynes, para superar a crise, concretizadas no New Deal.

A continuación se nos presentan unha serie de documentos, numerados do 1 ao 6, que nos van permitir abordar as dimensións do crack bursátil de 1929, que poñía fin a un ciclo de enorme prosperidade económica para os EE.UU; e as consecuencias que este tivo na economía norteamericana: regresión, desemprego, pobreza… coñecidas baixo o nome de Gran Depresión. Tamén veremos as medidas que adoptou o goberno do presidente demócrata Franklin D. Roosevelt a partir de 1933 para paliar a situación, medidas baseadas nun intervencionismo da economía, co fin de reactivala, e que contrastan cos principios do liberalismo económico imperantes ata aquela data.

Baixo a aparente sensación de prosperidade xeralizada que se percibía na segunda metade dos anos 20, o certo é que, según se desprende do doc. 1, a economía norteamericana daba mostras de entrar nunha fase de sobreprodución industrial e agrícola que non atopaba saída nos mercados internacionais. Se ben parece que o sector empresarial realizou certos reaxustes para acomodar a produción ás necesidades dos mercados (”una disminución de la producción como ocurría en la industria”), non foi este o caso do sector agrícola do país, xa que moitos campesiños, animados pola forte demanda exterior durante a Gran Guerra, endebedáranse para a adquisición de maquinaria agrícola, fertilizantes, etc, atopándose agora nun contexto de forte caída da demanda de alimentos sen poder dar saída á súa produción, o que conlevaba a ruína económica e a execución de hipotecas (“…la situación de los campesinos se había convertido en crítica; en el período 1927-1928, por ejemplo, un 45% de las transferencias de la propiedad inmobiliaria fueron debidas a las quiebras, las ejecuciones fiscales u otras causas del mismo tipo”). Medidas como a de “un incremento del cultivo, esperando compensar la pérdida sobre el precio unitario” non fixeron senón  agravar máis a súa condición.

A situación da industria, malia os reaxustes que levou a cabo, tamén era delicada; reducido o comercio exterior, nin o campesiñado empobrecido nin a clase traballadora, debido aos seus baixos salarios, tiñan a capacidade de compra necesaria para soster o mercado interno norteamericano. Existía unha clara dicotomía entre a percepción que o cidadán medio tiña das empresas e a situación real da meirande parte delas, que, sen dar saída á súa produción, íanse sostendo grazas aos empréstimos bancarios. Esa dicotomía materializouse nunha crecente burbulla especulativa, onde o valor nominal das accións de ditas empresas comezou a situarse por enriba do seu valor real. Desta situación tiña unha gran responsabilidade a Banca, ao conceder créditos a curto prazo aos axentes de Bolsa dunha maneira un tanto laxa, no afán de obter pingües beneficios. O obxectivo para as entidades financeiras, -propietarias igualmente de paquetes de accións- e os brokers era mercar accións no mercado de valores, esperar a máis que segura subida da súa cotización en breve prazo (xa que existía moita máis demanda que oferta) e vender rapidamente para obter ganancias coas que seguir investindo en novos valores. Desa tolemia especulativa, como reflicte o actor e cómico Groucho Marx, no doc. 2, participaba todo o mundo, - crese que en torno a millón e medio de cidadáns- incluídas as clases máis humildes, que investían os aforros de toda unha vida ou hipotecaban os seus inmobles para obter os créditos cos que xogar ao casino do mercado bursátil perante a aparente ausencia de riscos  (“Lo más sorprendente del mercado en 1929 era que nadie vendía una sola acción. La gente compraba sin cesar (...). El fontanero, el carnicero, el hombre del hielo, todos anhelando hacerse ricos arrojaban sus mezquinos salarios –y en muchos casos los ahorros de toda la vida– en Wall Street”....)

Certo día, o 21 de Outubro de 1929, comezaron a producirse as primeiras ordes de venda, pois algúns axentes de bolsa coidaban que a burbulla podía estourar. Isto desatou a desconfianza, primeiro tímida e máis tarde xeneralizada, que desembocou no pánico que nos describe o doc. 3 en relación ao que acontece o día 24 dese mes, o xoves negro e o martes seguinte. O intento de recuperar o investido renunciando ás ganancias ou, como mal menor, perder o menos posible, acelerou a posta á venda neses días de case 30 millóns de accións que foron descendendo de valor ata que xa ninguén as quería. Os cartos – preto de 13.000 millóns de $- volatilizáronse: “en seguida afluyeron grandes cantidades de papel y se hundieron los precios. Los angustiados especuladores arrojaron sus títulos sobre las mesas de contratación (…)Los agentes de bolsa exigieron garantías para los títulos a crédito y ante la imposibilidad de obtenerlos, volcaron nuevas remesas de papel sobre la bolsa, ocasionando nuevas bajadas. Y así ola tras ola, levantando una tempestad más fuerte e incontrolable. (…) Churchill se admira del “orden y la calma sorprendentes” que, dada la gravísima situación, mantenían los especuladores que estaban allí (...) ofreciéndose unos a otros paquetes enormes de acciones a un tercio de sus antiguos precios y a la mitad e su valor actual y sin encontrar durante muchos minutos a nadie lo bastante fuerte como para recoger las fortunas que se veían obligados a ofrecer" (...)

Os especuladores, arruinados ao non poder devolverlle aos bancos os créditos nin os xuros que lles prestaran, provocaron unha reacción en cadea de dificultades financeiras nas oficinas bancarias. A xente que tiña nelas os seus depósitos tamén se asustou e quixo retirar o seu diñeiro. Os bancos non puideron facer fronte a tal demanda de reintegros, o que aumentou as peticións de devolución de xeito progresivo. Ao non poder facer fronte á situación, crebaron máis de cinco mil bancos, a meirande deles de carácter familiar ou local. Milleiros de empresas e particulares entraron nunha espiral de endebedamento; a falta de liquidez dos bancos sobrevivintes ou as reticencias destes para outorgar créditos, aceleraron o peche de empresas e os despedimentos masivos. A existencia de 14,7 millóns de parados sen cobertura de desemprego acabou por paralizar o consumo interno.

A situación posterior, que podemos xa denominar como Gran Depresión, é descrita no doc. 4 polo escritor Arthur Miller cando este lembra que, chegado 1932, “nadie tenía dinero” en “ciudades fantasma con cada vez más rótulos de SE TRASPASA en sucios escaparates de tiendas y talleres abiertos muchos años antes y en la actualidad cerrados. Fue también el año de las colas en las panaderias, de hombres sanos y robustos que formaban en batallones de seis y ocho en fondo a lo largo del muro de algún almacén, en espera de que este o aquel organismo municipal improvisado, o el Ejército de Salvación o cualquier iglesia, les diese un tazón de caldo o un panecillo.”

No propio documento Miller fala da incapacidade manifesta dos gobernos republicanos para facer fronte á situación: “El que sería el último gobierno republicano en el curso de dos décadas estaba a punto de recibir el finiquito, sin ideas, y para nosotros como si dijéramos en el cubo de la basura, falto incluso de la retórica de la esperanza”

E aí chega a oportunidade para o partido demócrata, cando Franklin D. Roosevelt, cun programa económico baseado nos principios de John M. Keynes sobre o intervencionismo do Estado na economía, accede á presidencia dos EE.UU. en 1933. No seu discurso de toma de posesión (doc. 5) anticipa o que será o seu “New Deal” (Novo Compromiso) co pobo estadounidense: “Nuestra más ardua tarea, la primera, es hacer que el pueblo vuelva al trabajo. Puede realizarse, en parte, mediante la contratación directa por parte del gobierno, actuando como en un caso de guerra pero, al mismo tiempo llevando a cabo los trabajos más necesarios, a partir de estas personas contratadas, para estimular y reorganizar la utilización de nuestros recursos naturales. Paralelamente a esta acción debemos reconocer con toda franqueza que nuestros centros industriales están superpoblados y (...) esforzarnos para que se haga un mejor uso de la tierra por aquellos que son los más aptos para ello.
Es posible trabajar en esta tarea realizando los esfuerzos necesarios para elevar el precio de los productos agrícolas y, con ellos, el poder de compra, que absorberá la producción de nuestras ciudades”

O New Deal, representado de maneira gráfica a través de distintos carteis gubernamentais do doc. 6 foi un conxunto de medidas económicas combinadas destinadas a reactivar o consumo e o investimento privado coa finalidade de xerar emprego. En contra dos principios do liberalismo económico, o Goberno Federal interviu na economía creando emprego público nas grandes obras de enxeñería, parques nacionais, rede viaria...  a través da WPA (Works Progress Administration), que a priori supuñan gasto social e déficit público, pero que incidiría na capacidade de compra dos novos empregados, voltando ese diñeiro, a través dos impostos ao consumo, ás arcas do Estado nun efecto multiplicador. No doc. 6 figuran institucións ligadas a ese New Deal como:

O National Recovery Administration (NRA), que impulsou os acordos de prezos entre empresas; ou
A Acta de Axuste Agrario (AAA), que subvencionou aos agricultores para que reducisen a produción e así recuperar os prezos dos seus produtos, vendo así medrar a súa renda e a capacidade de consumo.

As medidas de Roosevelt foron moi contestadas por certos sectores vinculados ao partido republicano e medios de comunicación afíns a este, como se aprecia nas caricaturas do doc. 6 nas que se critica o exceso de poder e de prerrogativas presidenciais que Roosevelt demandaba do Congreso norteamericano.

A modo de conclusión, pódese dicir que os efectos reais do New Deal foron discutibles. É certo que contribuiu a estabilizar a economía, pero non produciu demasiado crecemento. En 1939 (Roosevelt foi reelexido en dúas ocasións) a renda norteamericana non recuperara os niveis de 1929 e había 9,5 millóns de parados. Sería por desgraza outra guerra, a Segunda Guerra Mundial, a que dinamizaría a economía dos EE.UU ao convertirse, unha vez máis, en proveedor dos seus aliados europeos.

REALIZAMOS UNHA COMPOSICIÓN, SEMELLANTE ÁS DE 2º DE BACHARELATO, PERO CON DOCUMENTOS DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

TRABALLO SOBRE O CRACK DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE HDMC- B.5.4.1 – B.5.4.2

ORIENTACIÓNS:  Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición (redación) sobre o paso da prosperidade de Estados Unidos na década de 1920 ao crack bursátil de 1929 e a Gran Depresión consecuente. Apoiándote neles, deberás explicar: 1º cal era a debilidade na que se sustentaba a aparente prosperidade económica do país: superprodución industrial e agrícola fronte a un baixo poder adquisitivo; 2º en que consistía a febre bolsista e cómo estourou a burbulla especuladora de Wall Street. En 3º lugar describirás as características da Gran Depresión en solo norteamericano, a súa duración e 4º, as medidas económicas que tomou o presidente eleito Franklin Delano Roosevelt a partir de 1932, co apoio do economista J.M. Keynes, para superar a crise, concretizadas no New Deal.


Doc.1.-“Hasta durante los años de la prosperidad la situación de los campesinos se había convertido en crítica; en el período 1927-1928, por ejemplo, un 45% de las transferencias de la propiedad inmobiliaria fueron debidas a las quiebras, las ejecuciones fiscales u otras causas del mismo tipo (...) Las fuertes bajas de los precios agrícolas no representaron un aumento correspondiente de la demanda, y tampoco tuvieron como consecuencia una disminución de la producción como ocurría en la industria, sino que provocaron un incremento del cultivo, esperando compensar la pérdida sobre el precio unitario, al aumentar la cantidad de unidades producidas”.
H. Gideouse. Revista económica internacional. 1934.


Doc.2.- “Muy pronto, un negocio mucho más atractivo que el teatral atrajo mi atención y la de mi país. Era un asuntillo llamado mercado de valores (...). Si uno compraba ochenta mil dólares de acciones, sólo tenía que pagar en efectivo veinte mil, el resto se le dejaba a deber al agente (...). El mercado seguía subiendo y subiendo (...). Lo más sorprendente del mercado en 1929 era que nadie vendía una sola acción. La gente compraba sin cesar (...). El fontanero, el carnicero, el hombre del hielo, todos anhelando hacerse ricos arrojaban sus mezquinos salarios –y en muchos casos los ahorros de toda la vida– en Wall Street (...). Un buen día el mercado empezó a vacilar. Algunos de los clientes más nerviosos fueron presa del pánico y empezaron a vender (...); al principio las ventas se hacían ordenadamente, pero pronto el pánico echó a un lado el buen juicio y todos empezaron a lanzar al ruedo sus valores (...) y los agentes empezaron a vender acciones a cualquier precio (...). Luego, un día, Wall Street tiró la toalla y se derrumbó. Eso de la toalla es una frase adecuada porque para entonces todo el país estaba llorando.”
Groucho Marx. Groucho y yo, 1981.


Doc 3.- “Nada hacía presumir en aquella apacible mañana otoñal del jueves 24 de octubre, que pasaría a la historia como una de las fechas negras del siglo, el jueves negro de Wall Street.
La sesión bursátil se inició de forma sostenida, pero en seguida afluyeron grandes cantidades de papel y se hundieron los precios. Los angustiados especuladores arrojaron sus títulos sobre las mesas de contratación. El ticker (teletipo) se retrasó. Los agentes de bolsa exigieron garantías para los títulos a crédito y ante la imposibilidad de obtenerlos, volcaron nuevas remesas de papel sobre la bolsa, ocasionando nuevas bajadas. Y así ola tras ola, levantando una tempestad más fuerte e incontrolable.
En la calle se originaron tumultos entre especuladores y curiosos que se arremolinaban en Wall Street. La policía tomó medidas. Entre los corrillos circuló el rumor de que once especuladores arruinados se habían suicidado. A las 12:30, para controlar el follón, se ordenó desalojar las dependencias de la bolsa reservadas al público. Uno de los que salió a la calle fue Winston Churchill, que pocos meses antes había abandonado el Ministerio de Hacienda británico.
Churchill se admira del “orden y la calma sorprendentes” que, dada la gravísima situación, mantenían los especuladores que estaban allí (...) ofreciéndose unos a otros paquetes enormes de acciones a un tercio de sus antiguos precios y a la mitad e su valor actual y sin encontrar durante muchos minutos a nadie lo bastante fuerte como para recoger las fortunas que se veían obligados a ofrecer”. Churchill, que llevaba tres meses en América dando conferencias y visitando amigos, había obtenido unas ganancias de unas 5.000 libras jugando a la bolsa. Debió perderlo todo en el crack, pero jamás lo hizo público.”
David Solar. El crack. Historia Universal del siglo XX. Historia 16.


Doc 4.- “El verano de 1932 fue probablemente el punto más bajo de la depresión. Todo era muy sencillo: nadie tenía dinero. El que sería el último gobierno republicano en el curso de dos décadas estaba a punto de recibir el finiquito, sin ideas, y para nosotros como si dijéramos en el cubo de la basura, falto incluso de la retórica de la esperanza. Los recuerdos que tengo de aquel año (...) Me configuraban una ciudad fantasma que poco a poco se iba cubriendo de polvo, manzana tras manzana, cada vez con más rótulos de SE TRASPASA en sucios escaparates de tiendas y talleres abiertos muchos años antes y en la actualidad cerrados. Fue también el año de las colas en las panaderias, de hombres sanos y robustos que formaban en batallones de seis y ocho en fondo a lo largo del muro de algún almacén, en espera de que este o aquel organismo municipal improvisado, o el Ejército de Salvación o cualquier iglesia, les diese un tazón de caldo o un panecillo.”
A. Miller. Vueltas al tiempo.


Doc. 5.- “Nuestra más ardua tarea, la primera, es hacer que el pueblo vuelva al trabajo. No es un problema insoluble si nos enfrentamos a él con prudencia y valentía. Puede realizarse, en parte, mediante la contratación directa por parte del gobierno, actuando como en un caso de guerra pero, al mismo tiempo llevando a cabo los trabajos más necesarios, a partir de estas personas contratadas, para estimular y reorganizar la utilización de nuestros recursos naturales.Paralelamente a esta acción debemos reconocer con toda franqueza que nuestros centros industriales están superpoblados y (...) esforzarnos para que se haga un mejor uso de la tierra por aquellos que son los más aptos para ello.
Es posible trabajar en esta tarea realizando los esfuerzos necesarios para elevar el precio de los productos agrícolas y, con ellos, el poder de compra, que absorberá la producción de nuestras ciudades””
Discurso de toma de posesión de F. D. Roosevelt. Marzo de 1933.


Doc.6.- Imaxes dos organismos e proxectos creados en torno ao New Deal: NRA (National Industry Recovery Act) – AAA (Agricultural Adjustement Act) – TVA (Tennessee Valley Authority)...