Powered By Blogger

venres, 22 de marzo de 2013

CINE E PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL II

Nos anos previos á Primeira Guerra Mundial, tamén chamada A GRANDE GUERRA (pois quen a viviron coidaban que non habería outra peor) o mundo viviu a época da PAZ ARMADA, onde as grandes potencias, ademáis de iniciaren unha carreira armamentista, fomentaban desde os medios de comunicación e as escolas os sentimentos patrióticos e belicistas.
Nesta escea de Sen novidade na Fronte Occidental o protagonista, Paul, acude á escola onde en 1914 o seu profesor o convencera para defender "á patria alemá". Observa, con decepción e noxo, como aquel repite o mesmo discurso perante uns adolescentes que pronto se convertirán en nova carne de canón para as trincheiras....

Ningún comentario:

Publicar un comentario