Blog NON OFICIAL destinado ao alumnado que estuda o Ámbito Social da ESA e Bacharelato no IES Armando Cotarelo de Vilagarcía de Arousa.
xoves, 28 de marzo de 2013
ESTAMOS DE VACACIÓNS
Pasadas por auga, si, pero descansando duns días duros e recargando as pilas para á volta continuar con este convulso século XX.
UNHA LIÑA DO TEMPO
Hoxe presentámosvos un recurso chamado LIÑA DO TEMPO, no que aparecen por orde cronolóxica os principais acontecementos que tratamos no TEMA 13.
Etiquetas:
ESA-MÓDULO IV,
FASCISMO,
GRAN DEPRESIÓN,
IMPERIALISMO,
LIÑA DO TEMPO,
NAZISMO,
PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL,
REVOLUCIÓN RUSA,
SÉCULO XX,
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
martes, 26 de marzo de 2013
O TEMA 13 A TRAVÉS DO CINE
Como xa sabedes este tema 13 do módulo IV da ESA versa sobre o intenso periodo histórico que vai desde o último terzo do s. XIX ata a Segunda Guerra Mundial. A época dos imperialismos, a I Guerra Mundial, a Revolución Rusa, o Crack de 1929, a II Guerra Mundial ou os totalitarismos, teñen un gran tratamento no mundo do cine chamado "histórico" no sentido máis amplo do termo e nos xéneros de "aventuras" e "bélico". Nesta presentación ofrecémosvos unha escolma de peliculas interesantes sobre as que traballar na aula os contidos que imos desenvolver.
Etiquetas:
CINEMA HISTÓRICO,
ESA-MÓDULO IV,
FASCISMO,
GRAN DEPRESIÓN,
HOLOCAUSTO,
IMPERIALISMO,
NAZISMO,
PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL,
REVOLUCIÓN RUSA,
SÉCULO XX,
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
venres, 22 de marzo de 2013
CINE E PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL II
Nos anos previos á Primeira Guerra Mundial, tamén chamada A GRANDE GUERRA (pois quen a viviron coidaban que non habería outra peor) o mundo viviu a época da PAZ ARMADA, onde as grandes potencias, ademáis de iniciaren unha carreira armamentista, fomentaban desde os medios de comunicación e as escolas os sentimentos patrióticos e belicistas.
Nesta escea de Sen novidade na Fronte Occidental o protagonista, Paul, acude á escola onde en 1914 o seu profesor o convencera para defender "á patria alemá". Observa, con decepción e noxo, como aquel repite o mesmo discurso perante uns adolescentes que pronto se convertirán en nova carne de canón para as trincheiras....
CINE E PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL I
Nesta película, ALL QUIET ON THE WESTERN FRONT (Sen novidade na fronte occidental), baseada na novela homónima de Erich Maria Remarque, faise un alegato antibelicista, polo que estivo prohibida a súa exhibición nos cinemas dos anos 30. Aqui temos unha escea onde os soldados alemáns, entre os que se inclúe PAUL, o protagonista, cuestiónanse sobre o sentido da guerra e os posibles benificiarios dela.
venres, 15 de marzo de 2013
PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
Imos tomar contacto coa Primeira Guerra Mundial, neste período de conflitos que constituiu a primeira metade do século XX. Paréceme interesante que lle botedes unha ollada a esta páxina web, onde tedes un bo esquema e o seu posterior desenvolvemento.
xoves, 14 de marzo de 2013
PRESENTÁMONOS
Benvid@s a este blog do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa. Baixo este título ambiguo, trataremos o currículo e recursos para a aprendizaxe da Xeografía e Historia no Ámbito Social da ESA (Educación Secundaria de Persoas Adultas) así como o Bacharelato de Adultos. Coa finalidade de que sirva para un maior aproveitamento do noso alumnado, pouco a pouco iremos fornecendo de material que poida resultar do seu interese
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)