·
-
LIGAZÓNS DE INTERNET:
·
MAPAS:
·
A CONTINUACIÓN, BASEÁNDOTE NA INFORMACIÓN PRESENTE NAS LIGAZÓNS ANTERIORES, DEBERÁS RESPOSTAR ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
1. Logo
de que conflito bélico de carácter mundial nace o Reino dos Serbios, Croatas e
Eslovenos baixo a monarquía de Pedro I Karadjordjevic?
2. Durante
a ocupación alemá dos Balcáns na II GM, producíronse matanzas en Iugoslavia xa
que uns apoiaban aos nazis, outros eran comunistas e republicanos; e uns terceiros apoiaban ao
rei serbio. Ordena os líderes, a súa etnia, facción e orientación política:
Ante Pavelic –
Josip Broz “Tito” - Draza Mihailovic
Chetniks –
ustachi – partisanos
Serbio – serbio
– croata
Pro-nazi –
monárquico – comunista
3. Indica
cales eran as 8 entidades territoriais (6 repúblicas e 2 rexións autónomas) que
constituían a República Socialista Federativa de Iugoslavia durante o mandato
de Tito, así como as súas capitais.
4. Se
os serbios eran de relixión maioritariamente ortodoxa, que relixión practicaban
eslovenos e croatas? E a metade dos bosniacos e a maioría dos kosovares?
5. Como
era a presidencia da Federación nos anos inmediatamente posteriores á morte de
Tito?
6. Coa
caída do Muro de Berlín, e xa sen Tito, que partidos cobran forza nos distintos
procesos electorais que se producen en 1990 nas repúblicas da federación?
7. Cal
era a república con menos diversidade étnica?
8. Pola
contra, cal era a república onde había maior diversidade étnica e as etnias
estaban máis misturadas?
9. Cal
foi a primeira república que declarou unilateralmente a súa independencia?
10. Se
asociamos a Slobodan Milosevic co nacionalismo serbio e o desexo de crear unha “Gran
Serbia”, quen sería o seu equivalente no nacionalismo croata?
11. Que
temían os serbios da Krajina e a Eslavonia croatas de producirse a
independencia de Croacia?
12. Quen
apoiou aos serbios de Croacia e Bosnia?
13. Que
entendemos por limpeza étnica? Pon algún exemplo relacionado coas guerras de
Iugoslavia.
14. Que
cidade sufriu o maior asedio no que se martirizou constantemente á poboación
civil, que era masacrada por francotiradores?
15. Que
outra cidade moi turística da costa dálmata, considerada patrimonio da
Humanidade foi atacada polo exército federal en 1992?
16. Que
sucedeu en Srebrenica en 1995? Quen debía protexer á poboación bosniaco-musulmana
de Srebrenica, dado que a ONU a considerou “zona segura”?
17. Para
que serviron os Acordos de Dayton?
18. Onde
rexurdiu a guerra en 1998?
19. Por
que a OTAN – a pesar de non contar coa aprobación da ONU- interviu en 1999 con
bombardeos e lanzamentos de misís sobre Serbia?
20. Cal
foi o fin de Slobodan Milosevic?
21. Que
outros líderes serbios e croatas foron xulgados ou están en busca e captura por
parte do Tribunal Penal Internacional, como consecuencia de crimes perpetrados
contra a Humanidade?
22. En
que cidade bosniaca se centrou a misión española da ONU na antiga Iugoslavia?
Que contribuiu o exército español a reconstruír?.